Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Marcha niebla, pita cega, que aí vén san Xoán co seu cabalín ruán e hate meter no cunqueiro ata o mes de xaneiro.
O que queira ter bos alleiros, tenos que botar en xaneiro.
En marzo, déixame ir ver como pacio.
Dicía o pastor: “Marcha Marzo, marzán, pola mañá cara de can, ao mediodía cara de abella, e á noite mata a ovella”. E díxolle Marzo: “Con tres días que me quedan y tres que me va a dejar mi hermano de Abril, tú de mí no te vas a reír”.
Abril lluvioso trae a mayo florido y hermoso.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

As patacas hainas que botar en xaneiro, senón saen pequenas e ocas.
A noite de san Pedro, a máis pequena do ano.
Se o xoves está bo día, o domingo tamén.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)

Día de San Pedro, tanto queixo como dedo.
Día de San Xoán, tanto queixo como pan.
Marzo marzán, de día cara de risa e de noite cara de can.
En abril, augas mil.
En maio, aínda a vella queima o tallo.
En xaneiro, sete lobos ó carreiro.
San Antonio verdadeiro o 13 de xaneiro, cando a súa festa lle dan o 17 de xaneiro.
Os días de maio son tan largos coma un día sen pan.
Marzo marzán, de día cara de risa e de noite cara de can.
En abril, augas mil.
En maio, aínda a vella queima o tallo.
Cando chove e fai sol, vai o demo pa Ferrol.
Arco iris ao anoitecer, bo tempo ao amencer.
Aire vilalbés, a auga ben a ves.
Aire de Meira, caldeiros a goteira.
JFF (Hermunde, Pol)

Nunca choveu que non escampara.
JFF (O Tombo, A Pastoriza), YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

Xeo sobre o lodo, neve ata o cóbado.
En abril augas mil, todas caben nun barril.
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

No mes de xaneiro, pés no braseiro.
Cando marzo maiea, maio marcea.
Se a cobra cantou en marzo, neve no maio.
Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro.
Abril frío, moito pan e pouco viño.
Ano de herba, ano de merda.
De santo Antonio ao San Xoán, once días van.
Non hai día que non chegue, nin tempo que non acabe.
Cando a carballeira xa canta, gusta ben a manta.
Se o Nadal vén mollado, o xaneiro vén xeado.
Ano de neves, ano de bens.
O bo día méteo na casa.
Moito has de saber para cogomelos coller.
Mellor cogomelo perdido que mal comido.
Comer e rañar, todo o mal é empezar.
A auga para os peixes; para o home, viño e feixes.
A pan duro, dente agudo.
Con pan e viño, ándase o camiño.
Detrás dun temporal, sempre veu a calma.
Cando a primeira nevarada do ano chega ao río grande (o Eo), outras sete van vir.
Se o galo canta ao mediodía, néboa para o outro día.
A mal tempo, boa cara.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

En xaneiro, sete e sete no carreiro.
San Antonio verdadeiro, dezasete de xaneiro.
Aínda che ven aí abril, que che ha facer caxir.
En abril, augas mil.
Aínda en maio a vella queima o tallo.
Ata o corenta de maio, non quites o saio.
Ditoso mes, que empeza con Santos e remata con San Andrés (novembro)
Por Santos neve nos campos.
Polo San Martiño, espicha o viño e mata o porquiño.
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)

Cando chove e vai vento, pecha a porta e méteo dentro.
Año de nieves, año de bienes.
En febreiro, sete lobos nun carreiro.
Cando a neve saca dez, todo vai o revés.
A neve febreiriña, cómea a galiña.
Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.
No abril a chuvia enche o carro e mais o barril.
O abril e o maio, son as chaves de todo o ano.
No tempo do cuco, na mañá me mollo e na tarde me enxugo
A castaña no agosto quere beber, e no setembro comer.
En setembro, ou secan as fontes ou levan as pontes.
Non por moito correr, é día máis axiña.
El que madruga, dios le ayuda.
TBG (Pousada, A Pastoriza)

En xaneiro e en febreiro,
sete lobos nun carreiro.
ARP (Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"