Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Dicían que nunha carballeira que hai antes de chegar á casa na que se criou a miña mai, sucedían cousas ben raras. Cando algún veciño pasaba de noite por aquel camiño escuro que se estendía por baixo dos carballos, escoitábase unha voz que te chamaba polo teu propio nome e dicíache que foras por un sitio, e logo polo outro. Cando a persoa se daba conta de que aquilo non era algo terreal, tiña que dicir as seguintes palabras: “¡Oh, dulcísimo nome de Xesús!”, e entón escoitábase un estoupido entre os carballos, e as voces desaparecían. E din que por iso esa carballeira chámase aínda hoxe “A Carballeira do Demo”.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"