Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Para que o pelo che quedara ben brillante antes de ir a unha festa, lavábase ben e a última auga dábaselle con vinagre.
E se o querías ben rizo para ir ás festas, había que mollalo cunha cervexa e despois tapalo cun pano.
Para a dor de cabeza, partíase unha pataca ao medio e comíase na cena.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"