Para que os animales non tiveran o mal de ollo facíanlles por todo o corpo e pola cabeza cruces con allo.
PVJ (Vilar de Mouros, Meira)
Antigamente era moi habitual que os homes, cando compraban unha vaca, procuraran que os primeiros días non llela vise unha muller, pois era costume que se a vaca saía de mala calidade ou morría, aquela fora culpada de botarlle un mal de ollo.
MES (Vilasuxo, Meira)
Se unha vaca está enferma pero non saben concretamente qué é o que lle pasa, póñenlles auga fervida cun pouco de loureiro, para que respiren este vapor.
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...