Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Conta miña avoa que daquela escondíase o diñeiro debaixo dunha banca de librillo para que ninguén puidera dar cos seus aforros.
Alguén di tamén que, antes, cando ían á misa, soamente podía comulgar a xente rica.
Contan que certo día viñera unha señora montada nunha mula ó pobo. E viña pedindo casa por casa para que lle deran de comer, pero realmente toda a comida que lle daban era para o seu animal, a mula.
Noutra ocasión, viña un mendigo cuberto cunha manta e dicía: “Ave María purísima”, e tamén pedía comida ou o que lle puideran aportar. Entón, cóntame a miña veciña que lle preguntara algo ao mendigo, e el contestoulle: “volta alí, volta alí”.
JFF (O Tombo, Fonmiñá, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"