Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

De Vilalba nin aire nin xente nin pan de semente.
JFF (O Tombo, A Pastoriza)

Cando chove e fai sol, vai o demo pa Ferrol.
Na Ribeira fan falta tres para cargar un burriquín: un carga, outro ten e outro mira se vai ben.
Aire vilalbés, a auga ben a ves.
Aire de Meira caldeiros a goteira.
JFF (O Tombo, A Pastoriza; Hermunde, Pol)

O lugarín do Piñeiro, aínda é mellor que o fan: se o sachan e o mondan, aínda daría azafrán.
O lugarín do Vilar, espaldas te voy mirando, ventanas y corredores todos quedan relumbrando.
Carracedo, que ningún monte ten medo.
SCG (A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"