Vellos con Historia

Caderno de relatos orais de Meira e comarca

Érase un rapaz que vindo dunha festa, atopouse cunha rapaza moi ben vestida. E díxolle el: “¡Qué fea eres coño!” Ao que lle respondeu ela: “Tengo cara de arrepentimiento, pero cuerpo de tentación”.
Noutra ocasión semellante, un rapaz atopouse cunha rapaza moi guapa, e díxolle: “¿Tes lá para vender?”. E ela toda cabreada respondeulle: “Mi madre tiene la lana, mi padre la romana, a las puertas del infierno vaya usted buscarla”.
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...

Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados. Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"