Se tiñas a espalda aberta, había que atar dous cintos dos pantalóns e poñelos ben apertados todos os días arredor dela para lograr pechala.
Para a dor de lombo, despois de andar con pesos, fregábase ben cun ramallo de ortigas.
Para a espinilla caída, que había persoas que sabían curala, púñante sentada no chan, cos pés arrimados á parede, e erguíanche os brazos ben estirados para erguela.
IPP (Martín, Baleira)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...