Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Fonmiñá é o lugar dun dos nacentes do río Miño. A outra fonte do río Miño está no Pedregal de Irimia, no veciño concello de Meira. Moitas veces me contaron as persoas maiores deste pobo, que na Fontemiñá tamén coñecida como Fuente Miñá, escapárase unha parella de bois con un carro e co paisano nel, e que este non fora capaz, polo susto, de paralos. E que se meteran na Fuente Miñá e afundiran de tal forma que os veciños, e moita xente, andaron á expectativa todos os días buscando a ver se aparecía algún resto, pero nunca máis nada pareceu. Os bois e mailo carro e o paisano afundiron, e nunca máis se soubo.
JFF (O Tombo, Fonmiñá, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"