Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Para curar as relas das vacas, que son uns insectos de cor verde que poden tragar e lles provocan inchas ou mesmo a morte, fervíase unha herba que chamaban "herba do porco" ou "dos bois"; despois, cortábaselles a pel do pescozo cun fuso vello, metíaselles dentro a herba e cosíase.
MES (Vilasuxo, Meira)

Para quitar os piollos que tiñan as vacas facían unha mestura de gasóleo e aceite a partes iguais, e logo botábanllela ás vacas ó longo de todo o corpo.
JFF (Hermunde, Pol)

Unha enfermidade moi típica das vacas antigamente era a tiña. Para tratala, os curandeiros sacudían as ramas dos acivros secos sobre a pel do animal.
MPV (Hermunde, Pol)

Contra a tiña, dábanselle fregas na zona da pel afectada con follas de acivro secas.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"