Unha vez, no colexio, a mestra mandou ler a lección de cando Eva comeu o froito prohibido. Entón, ao rematar, preguntoulle a unha alumna quen fora o que lle mandara comer ese froito a Eva. E ela non sabía qué contestar. Entón, un compañeiro, por detrás, díxolle: “Unha xitana, muller, unha xitana”. E a alumna falou: “Una gitana, maestra, una gitana”. E a mestra cabreouse tanto que lle dixo: “Si te doy un tantarantán, te tiro por la ventana”. E todos botaron a rir a gargalladas.
TBG (Pousada, A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...