Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

O fillo dun labrador quixo ir para o ferrocarril. Naquel tempo, o tren aínda non tiña retrete nos coches, e a xente tiña que baixarse nas estacións para poder facer as súas necesidades. Un día, na estación na que estaba destinado o fillo do labrador, baixou tanta xente ao retrete que houbo que facer cola; pero un francés que tamén baixara do tren e non daba aguantado, foise para o medio dun montón de sacos de fariña que había no almacén. Viuno o ferroviario e enseguida foille chamar a atención. Pero o outro, como non entendía, díxolle: “Je ne comprends pas”. E contestoulle o ferroviario: “¡Bueno hombre, pero porque usté non compre o pan, non vai mexar na fariña!
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"