Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Alí onde naceu miña mai, preto do San Bernabé, nun lugar chamado Coroto, na parroquia de Martín, contan que no tempo dos mouros, había unha banda de ladróns que enterraban naquel monte todo o que roubaban. Os mouros roubaron tantas cousas e durante tantos anos, que o tesouro se supoñía tan grande que todo o mundo quería encontralo; pero naide nunca o puido encontrar. Tesouro e mouros fixéronse famosos por elo, e é por iso que todo o mundo empezou a chamarlle a aquel monte “O Castro dos Mouros”.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"