Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Hai moitos anos en Hermunde, ían sete nenos a escola todos os días xuntos, andando. Un deles, que era moi traste, e tamén algo máis grande que os outros, ía sempre diante e cando o resto chegaba ó rego de Lourixe (regato polo cal tiñan que pasar para chegar ata a escola) esperaba polos outros, collía e xuntaba unhas cantas pedras, e atándoas, facíalles pasar polo medio da charca, polo que sempre se acababan mollando os pobres nenos.
JFF (Hermunde, Pol)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"