Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Din que no lugar de San Bernabé existía un gran penedo co debuxo dun corvo gravado, e que alí reuníanse os mouros para falar das súas cousas, e que ó final enterraron alí todos os seus tesouros. Para recordar o lugar no que os soterraron, debuxaron na pedra un corvo e é por iso que aínda hoxe a ese lugar chamáselle “A Pena dos Corvos”.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"