Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Cando a unha persoa lle doía un pé, era bo coller do chan un coio branco ou seixo, cocelo en auga nun pote de ferro, e poñer o pé enriba para tratalo co vapor desa auga.
TBG (Pousada, A Pastoriza)

A inchazón de pé curábase untándoo e vendándoo, ben quente, con xabón raspado en augardente.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"