Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Había unha veciña no pobo que era moi rica, polo que tiña un matrimonio de caseiros na súa casa para que lle labrasen as terras. Pero un día o matrimonio tivo xemelos, polo que a ricachona da señora botounos fóra da casa, e quedaron sen nada e con dous fillos na rúa.
Tamén había outra señora que din que non tiña corazón. Esta vivía preto dunha canteira. Entón, cando os nenos pasaban por diante da súa casa, subindo unha forte costa, ela comezaba a tirarlles pedras, sen ningunha razón, simplemente pola malicia de lanzarlles pedras ós nenos.
JFF (Hermunde, Pol)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"