Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Se che doía unha moa, machucábanse “herbas de dolor do monte” e púñanse nun pegol (un cacho de papel) na cara do lado da dor.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín))

Para a dor de moas, hai que facer un parche con molo de pan e vinagre e poñelo sobre a zona inchada da cara. Outra forma consiste en machucar ortigas, envolvelas nun pano e poñelas na zona inchada da cara. Aínda que o mellor é cortar unha roda de limón e colocala encima da moa doente, ou entre a moa e o carrillo. O alivio é inmediato.
AGR (Vilariño, Muimenta, Castro de Rei)

Para a dor de moas, botábanse feixóns a ferver en auga, e despois poñía un a cabeza enriba e, tapándoa cun mandil, aspiraba eses vaos.
Para a inchazón da boca, na cara, machucábanse ortigas en vinagre, e despois, botadas nun pano, atábanse á cara.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"