Un día, ordenou un amigo que foramos uns cantos ó cemiterio para pasar o rato, e entón, cando xa estabamos alí, díxonos que esperáramos onde a porta e que berraramos “¡Que salga el de las medias blancas!” Nós, estrañados, esperamos un cacho, e berramos “¡Que salga el de las medias blancas!”. E desde dentro contestou unha voz moi ronca e rara: “Aguarda, que las estoy poniendo”. E todos botamos a correr e a berrar coma tolos, xa que colleramos un medo tremendo.
TBG (Pousada, A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...