Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Antes non había tantas enchentes de comida como hai hoxe en día. E claro, cando había a ocasión, comíase todo o que se podía. Un día unha rapaza, neste pobo, no tempo en que as árbores están co froito, foi roubarlle as mazás á veciña. Había dous chantos ao pé do maceiro, subiuse a el, e comeu todas cantas mazás puido, enchendo incluso os petos ata rebentar, para levar algunha para a casa. Pero según ía baixando, toda alegre, esvaroulle un pé e foi caer entre os dous chantos, de onde non podía saír. E o único que se lle ocorreu foi dicir: “Por golotrona quedei atrapada”.
JFF (O Tombo, Fonmiñá, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"