Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Un dos xogos máis coñecidos entre a xente da Ribeira de Piquín é o “xogo do zapatín”. Consiste en que un grupo de persoas se senten en círculo cas pernas cruzadas por diante. Un deles ten agochado un zapato que ten que ir pasando ao resto sen que un que está de pé se decate. Cando este localiza o zapato, dálle con el na cabeza ao perdedor e cambian as posicións. Neste xogo a picaresca atópase en que segundo se pasa o zapatiño aprovéitase para tocar algo ás mozas que se ten o lado. Tal como me dixeron: “de paso que pasa o zapatín tamén pasa a man”.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"