Vellos con Historia

Caderno de relatos orais de Meira e comarca

Era unha noite na que un raposo tiña fame e, como non tiña pitas para comer, decidiu subir a unha figueira e coller figos. Dera en tronar naquel momento e grazas ao relustro podía ver os figos e recollelos. Cada vez que collía un e quería outro dicía mirando cara o ceo: “Aluma Lupín, que che hei dar deles”, e o viña un relustro e o raposo collía outro figo. “Aluma Lupín, que che ei dar deles”, e outro relustro e outro figo que comía o raposo. Así ata que dunha vez veu un relustro, caeulle xusto encima e enganchoulle o rabo. Daquela o raposo escapou a fume de carozo e non se volveu acordar da fame nin dos figos.
ARP (Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...

Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados. Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"