Vellos con Historia

Caderno de relatos orais de Meira e comarca

¡¡SOMOS

3º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2009

DA XUNTA DE GALICIA!!



Hoxe, venres día 18 de decembro de 2009, publicouse a lista de premiados no DOG, e podedes ler en que consiste o premio premendo na dirección: http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios09/?paged=8

.

.

.

SE CADRA, NON TODO O NOSO TESOURO ERA DE MOEDAS DE CHOCOLATE...
POR SE HOUBESE ALGUNHA DÚBIDA, AS DE CHOCOLATE, SÍNTOO, QUEDO CON ELAS;
AS OUTRAS, AS DE VERDADE, QUERO COMPARTILAS CON VÓS.
.
Aos vellos (que o saiban, e que nunca deixen de contar historias).
Aos meus alumnos de Meira, que o merecían.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...

Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados. Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"