Vellos con Historia

Caderno de relatos orais de Meira e comarca


Somos profesor e alumnos de Sociais de 4º da ESO.
Quixemos sentarnos a escoitar aos nosos vellos. E atopamos un tesouro. Quizá a cadea de ouro soterrada que aqueles, en ocasións, debuxaban no aire, mentres relataban os seus contos. Agora, coas mans cheas de fermosos relatos, queremos compartir toda esta riqueza con vós. Non nos queda outra. Sabemos que o tesouro vaise. E que é traballo noso buscalo, recollelo con mimo, coidalo e transmitilo. Moi pronto, abrirémosvos o cofre... Saúdos!

5 comentarios:

(Era unha pena que non nacese...),esta frase utilízabaa miña avoa cando nacía un neno,dun familiar,dun amigo,dun veciño.Dicíao cando o neno era bo,era ben feitiño.E esta frase reutilízoa eu agora para o voso blog:..era unha pena que non nacese..,paréceme unha idea tan boa e da que debedes de estar moi orgullosos,porque dos nosos maiores apréndese tanto!.Felicítovos e anímovos a seguir adiante e a desfrutar deles,dos nosos,dos vosos maiores,a escoitalos,a admiralos.Estou segura que miña avoa sería gran admiradora do voso blog,como eu o son dela.Adiante!,Sandra.

Paréceme moi interesante ese tesouro, e sobre todo eu que son unha defensora dos nosos maiores, faime sentir moi leda que os escoitedes e que todos poidamos disfrutar cos seus relatos, e a súa sabeduría. Sei de boa tinta que ó profesor tamén lle "encanta" escoitar ás historias dos nosos "vellos". Por certo ¿cando abrides o cofre?
····Vou contarvos un relato: Contaba á miña nai que a súa aboa adoitaba ir a vender cousas montada na sua egua á feira de Mondoñedo. Unha noite cando voltaba á casa ao pasar ao lado dunha fonte notou que saía unha sombra e que se metía entre as patas da egua, era unha escura noite de inverno, e un frío tremendo metéuselle no corpo, a sombra acompañounos durante un kilómetro que lles separada da casa, ao chegar arrimouse á porta, deu uns golpes para que alguén da súa familia saíse a recoller as cousas que traía, e deseguido desmaiouse, e comezou a botar sangue pola boca, decía miña nai que tuvo uns cantos días na cama moi afectada. Cada vez que eu escoitaba este relato poñíanseme os pelos de punta(porque ademais adoitaban contar estas cousas polas noites, e aínda che mete mais medo no corpo), e cada vez que tiña que pasar por esa fonte os pés tírabanme para atrás.

Felicidades polo voso traballo, e moitas grazas por compartilo. É unha ledicia leer as andainas dos nosos vellos, a cantidade de cousas que descubrimos deles e da nosa propia historia. Pero o mellor de todo, é sentarse de cando en vez ao seu carón unha tardiña, e escoitar. Para min, como para algún de vos foi un reto a primeira vez que o fixen...non o deixemos de facer.
A miña aportación:
O meu avó vendía nas feiras coiro e xoguetes para os nenos cando non había xogueterías. Non daba moitos cartos, e de cando en vez, o avó encargaballe ao meu pai levar ao bar, sin que ninguén o vise, unha bolsiña de pedriñas, e volver cun sobre con cartos. Anos despoís, o avó explicounos que daquelas non permitían vender pedras para os mecheiros e soubemos que facían tódas aquelas caixiñas de pedriñas na casa vella da aldea, deixou de ser o tesouro segredo. Berta Mª

Quedou moi ben. Encántame. Agora hai que promocionalo.

Moitos parabéns a todos polo magnífico traballo. Un luxo de alumnos e profesor. Bo fin de semana e ata o luns!
Óscar.

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...

Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados. Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"