Unha señora/moi aseñorada/con moitos mendos/e ningunha puntada.
[a pita]
Unha señora/moi aseñorada/que sempre vai en coche/e sempre vai mollada.
[a lingua]
Peri me llamo/Gil de apellido,/el que no acierte mi nombre/es un buen burrico.
[peregil]
Cinco dun lado e cinco doutro, pasan o río sen mollarse.
[os fungueiros do carro]
Entre valada e valada, hai unha cousa esbarrigada.
[a masa na artesa]
IGL (A Pastoriza)
***
Alto altero/gran caballero,/tirou unha risada/e perdeu o que gañara.
[o ourizo]
Tan redonda como un plato, y no la alcanza el gato.
[a lúa]
Altos padres,/peludas madres,/fillos furafoles/e adiviña tu se podes.
[castaño, ourizo e castaña]
Ímonos á cama/facer o que Dios mande,/xuntar pelo con pelo,/e bulebule no medio.
[ollos]
TBG (Pousada, A Pastoriza)
jun
15
1 comentarios:
Adiviña: duas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores. (a vaca)
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...