Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Había un veciño ó que todos os membros do pobo querían mal, posto que era un home rico que facía burla do traballo dos gandeiros e agricultores do pobo. Tras unha longa enfermidade, xa no seu leito de morte, foi o cura xunto del para darlle a santa extrema unción. Cando este se dispoñía a entrar no cuarto, o home deu o seu derradeiro suspiro, que chaman o suspiro que leva a morte. Nese intre, as ventás abríronse, entrando unha viruxe arrepiante que nunca ninguén volveu presenciar.
MES (Vilasuxo, Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"