Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Unha vella do pobo contaba que unha semana tras a morte de seu pai, nunha noite na que ela velaba á luz dunha candea, entrou unha corrente que apagou a chama, deixándoa sumida nunha intensa escuridade . Ó cabo dun tempo, cando xa lograra conciliar o sono, a vella oíu algo que fixo que espertara aterrecida. Abriu os ollos e viu unha luz que a conduciu ata a lareira da cociña, onde deu cun rostro. Era seu pai. Cóntase que, antigamente, as almas dos mortos regresaban ós seus fogares para amañar asuntos pendentes, e que non deixaban de vagar polas casas nin descansaban en paz ata velos arranxados.
MES (Vilasuxo, Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"