Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Manolín era un veciño dun barrio de aquí cerca, que chaman Mendreiras. E, estando no tempo de mallar, resulta que el andaba todo o verán sen a camisa. E un día, que viña el só da malla, ao pasar polo cemiterio, había pouco que lle morrera seu pai e decidiu entrar a rezar por el. Pero viñan outros detrás del, que viñan tamén de mallar, e ao acercarse ao cemiterio, viron saír a aquelas horas da mañá a aquela persoa sen camisa, a medio vestir, e levaron un pánico que botaron a correr por aquel camín abaixo, que non había terra que lles chegase, pensando que eran as ánimas.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"