Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

No lugar de San Bernabé, viviu hai moitos anos un home ó cal lle morrera a muller e as súas dúas fillas. Este home estaba tanta pena e desesperación por saber onde se encontraban espiritualmente as súas defuntas, que decidiu acudir a preguntarlle a unha señora do pobo que tiña fama de poder falar cos mortos. A muller atendeuno e díxolle que se fora tranquilo, que nesa mesma semana tería novas delas. E efectivamente, esa mesma semana, o señor ía camiñando por un carreiro e viu vir de fronte unha muller e dúas mozas. Ó cruzarse, saudounas, e a muller, xirándose cara a el, díxolle: “Adiós meu home”. Nese momento, o home sentiu unha grande paz interior, deuse conta de que elas estaban ben, e foi así que por fin puido vivir máis tranquilo.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"