Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Antigamente, dicíase que cando unha persoa morría e deixaba manda de que lle fixesen algunha cousa, esa cousa había que cumprila, porque senón a alma da persoa aparecíase. Entón, a unha señora morreulle a mai. Parece ser que a mai lle deixara dito que cando morrese quería que lle dixesen unhas misas por alguén. A señora non dixo as misas e entón aparecéuselle súa mai. Ela díxolle: “¿Qué queres, mamá?”, e a defunta contestou: ”Que non dixeches as misas que che mandei”, e desapareceu. A señora foille consultar ó cura o ocorrido e este díxolle que non fixese nada, que só tiña que dicir as misas que lle mandara a defunta. Ela dixo as misas e súa mai non se lle volveu a aparecer nunca.
ELF (Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"