Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Isto pasoulle ao mellor compañeiro do pai de meu avó, cerca da Ribeira. Era un señor que acababa de comprar unha casa e pola noite oía ruídos cando se metía na cama, como se lle petaran á porta. Unha noite baixou á porta, abriuna e viu unha nena que lle pedía azucre. O señor díxolle que ía á cociña polo azucre pero cando regresou a nena xa non estaba.
Ao seguinte día pola noite sentiu petar á porta. O señor, pensando que era a mesma nena, foi á cociña, colleu azucre na man e foi abrir a porta; e, efectivamente, alí estaba a nena. Esta preguntoulle se lle daba o azucre, e o señor deullo, mais ao momento sentiu un forte peso no pé. Mirou para abaixo e viu o azucre no chan. Cando ergueu a cabeza, a nena xa non estaba, así que pechou a porta. Ao día seguinte, pola noite, o señor viu na prensa que lle dera o pai de meu avó, que era o que repartía por aquel entonces o xornal, unha noticia que contaba da desaparición dunha nena. A nena da foto era a que lle pedira o azucre a noite anterior. Nunca máis se volveu a saber, nin da nena, nin do señor.
AGR (Meira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"