Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

EMBARAZO, PARTO, E CRIANZA
Ás cochas, cando parían, dábaselles carvés (malas herbas que naces nos prados) cocidos.
MAD (Pousada, A Pastoriza)

Cando as porcas parían dábanlles para tomar unha herba chamada madre para que non tiveran problemas para criar os porcos.
PVJ (Vilar de Mouros, Meira)

Se unha cocha, tras o parto, quedaba mal, por non comer ou non ter abondo leite, había que darlle a herba da madre, que había nalgúns campos. Collíase unha presada dela, cocíase en auga, e botábaselle na comida á cocha.
ELF (Meira)

Se paría unha cocha, para limpala, facíaselle sustancia dun uño de cocho, e despois, daquela auga, facíanselle sopas de pan.
IPP (Martín, Baleira)

Para que as cochas ouriñaran despois de parir mesturábaselles coa comida unha planta chamada herba borraxe.
ARP (Meira)

RELACIONADOS COA TEMPERATURA
Ás cochas que non quecían, dábaselles dúas ou tres cuncas diarias de avea.
MAD (Pousada, A Pastoriza)

Para facer que as ranchas queceran, había que darlles beladoce con trigo quente.
AGR (Vilariño, Muimenta, Castro de Rei)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"