Dicíannos que non se podía varrer a cociña de noite, pois ao varrer traíamos as meigas para dentro da casa. Ademais, na noite de san Xoán aproveitábase o lume para evitar influxo de meigas e outros males, dicindo: "Salto por riba do lume de san Xoán, para que non me morda nin cobra nin can", ou tamén "Hei brincar o lume novo que hei facer no san Xoán, e hei de ir pola flor da auga para de min meigas tornar".
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...