Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Entre o Vilar e a Corota, din que había un sitio no que había unha cova no que vivían encantos, e que nalgún tempo lles vían a roupa tendida, e se pasabas por xunto deles cando se estaban peiteando, preguntábanlle a un quen lle gustaba máis se el ou se a peina que tiña. E contan que respondeu un que lle gustaba máis a peina, e entón agarrouna e tiroulla a un pe, e dende aquela o home quedou coxo.
SCG (A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"