Cando as mulleres parían, matábase unha pita e fervíase en auga, para que tomara ese caldo. Despois, dábaselles chocolate con "jerezquina" ("sansón").
MAD (Pousada, A Pastoriza)
Cando ás mulleres lles doía a matriz, cocían uns "romeros" e despois púñanse esas herbas na barriga para que curaran da súa dor.
Tamén se empregaba para isto unha herba chamada romana, que a facían en tortilla con ovos e dábanlla a comer a estas mulleres.
IGL (A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...