Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Cando os nenos pequenos tiñan moita tose, aínda que non tivesen catarro, dicíase que tiñan lombrigas, e que ao tomar o leite íanlles á garganta, picando nela e facéndolles tusir. Entón, coábanlles menta e dábanlla a beber no biberón.
ELF (Meira)

Contra a dor na gorxa, dicían de facer cinco veces ó día gargarexos con limón.
AGR (Vilariño, Muimenta, Castro de Rei)

Para que pase o catarro, debíase tomar mel, ourego e "romeiro".
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

Para curar os catarros, cocíase herba de "romero" en auga, e botábaselle mel.
TBG (Pousada, A Pastoriza)

Para combater a gripe, quentábase o zume dun limón, engadíaselle mel, quentábase para derretelo, e tomábase así quente á mañá e á noite. Outras veces, tomábase viño quente con mel. E outro bo remedio era comer liscos fritidos con leite e a súa propia graxa.
AGG (Currás, Bretoña, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"