Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Din que en Murias, na parroquia de Martín, unha mañá moi fría e de moita chuvia, un tal Xosé que ía cara un prado seu para facer unhas presas, atopouse cun veciño co que se levaba moi ben, e que, sen embargo, este non lle contestou ao saudalo. Xosé viuno ademais triste e pensativo, e pareceulle todo ben raro. Ao chegar de volta a casa, contoulle o sucedido á súa señora, e esta, moi segura, respondeulle que iso era imposible. O veciño morrera aquela mesma noite…
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"