Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

En Miñoto, preto do castro de Saa e do río Miño, hai un túnel, do cal aínda hoxe se pode ver a entrada, que foi construído polos romanos para poder ir dun pobo ao outro sen ser visto. E din que dentro del hai unha grade de ouro con máis material de gran valor, pero que nunca ninguén se atreveu a entrar por medo a un posible derrube.
Cerca do castro hai outro túnel, pero xa non se sabe se pertence a el. Este tunel pasa por baixo dunha montaña e, según contan as persoas máis vellas, fíxose para levar a auga do río ata un muíño que aínda hoxe existe.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"