Unha veciña da parroquia (San Xurxo), que estaba moi enferma, negábase constantemente a que a levaran ao médico. A familia insistía e insistía, pero non había forma de convencela. Certo día, antes da festa do Pilar, chamou á familia, e díxolles: “Preparádeme a roupa, que o día do Pilar morro”. E así foi.
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...