Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Hai uns anos, había un home que non se levaba co veciño, debido a que tiñan dúas leiras pegadas. A súa ambición por abarcar máis do que lle correspondía, levouno un día a cambiar de sitio o marco da leira, aumentando así o tamaño da súa terra. Desde aquilo, unha noite, aparecéuselle o pai defunto do veciño, marcándolle unha hora para que esa noite fose poñer o marco de novo no seu sitio. Así o fixo. O marco volveu ao sitio, e a ánima non lle volveu aparecer.
PDA (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"