Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Na ponte dos Cangos, ao anoitecer, oíase un ruído que parecía unha máquina de coser, e dicíase que era unha costureira que morrera, e que andaba penando.
Contan tamén que nos Baos apareceu dunha vez unha luz azul que parecía saír do medio do monte, e que o cura deu en dicir que era unha aparición, ata que alguén descubriu que non era máis que un cable do tendido eléctrico ao pegar nunha rama.
IAV (O Chao do Pousadoiro, Ribeira de Piquín)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"