Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

En Fontela morreu unha muller no baño. De alí a uns días, unha luz caeu no mesmo sitio onde a muller perdera a vida, e os cochos que se atopaban xusto debaixo puxéronse tolos. E din que era a alma da muller que volvera para acabar algo que deixara pendente.
Contáronme tamén que en Foz, aí atrás, vivía un matrimonio cos seus dous fillos, ata que todos eles morreron nun accidente de tráfico. Foi vivir para a súa casa unha rapaciña e ao pouco tempo, deu en botar a berrar todas as noites. Os veciños, alarmados, decidiron ir facer garda cada noite para ver qué era o que pasaba. Pero nunca ninguén viu nada, e nunca se soubo o por qué de que a rapaza toleara.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"