Dinme que no monte da Pastoriza hai un mouro enterrado con todos os seus tesouros, e que tamén hai unha igrexa soterrada. Hai tumbas celtas en varios sitios, entre eles detrás do instituto. E un monumento de dúas penas superpostas que chaman A Pena Cabaleira. Ao centro da Pastoriza chámanlle Castro, porque antigamente alí houbera un, e pénsase que arredor pode haber aínda tumbas.
SCG (A Pastoriza)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...