Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

No Monte das Penas, poden verse dúas penas de pé e outra de riba, e dise que alí debaixo habitaban os mouros, e tamén que era lugar no que ocultaban ouro. E hai quen di que debían practicar rituais, porque o dono da finca atopou bonecos coma se fosen santos ou cousa así. No barrio que chamamos O Alto, había tamén un castro, porque cando foi da concentración as palas desfixérono todo, e a cada dez metros aparecía trigo queimado; ademais, encontrouse a metade dun muíño de man que se conserva nunha casa, e teño oído contar a miña mai que os mouros deste castro comunicábanse por medio de sinais de fume cos do castro de Saa.
TBG (Pousada, A Pastoriza)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"