En moitos contos populares, as meigas aparecen representadas como unhas luces que bailaban dun lado para outro, igual que nesta historia. Pedro era un mozo de Gondar, un pobo de preto de Lugo. Un día, para poder chegar ó pobo, tiña que pasar polo lado do cemiterio. O cemiterio estaba rodeado por un muro e, encima del, viu un corpo ou algo de cor escura. Pedro, con moita valentía, díxolle: “¡Se es cousa de Deus acércate, pero se es cousa do demo apártate!”. Cando acabou de dicir isto, aquel corpo negro desapareceu e, no seu lugar, apareceron unhas pequenas luces. Pedro seguiu o seu camiño, pero as luces perseguíano e bailaban ao redor del. Perseguírono toda a noite, ata que por fin amenceu e as pequenas luces marcharon.
MPV (Hermunde, Pol)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...