Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

O señor Vitoriano era xa moi maior, tiña uns 90 anos. Unha mañá, despois de almorzar, comezou a sentirse mal e, pensando que o seu fin non estaba moi lonxe, decidiu emborracharse como nunca o fixera. Colleu unha botella de coñac e comezou a beber a groliños, ata que acabou a botella e, finalmente, quedou durmido. Nunca volveu a espertar. Os familiares deitárono na cama e prenderon tres candeas, xa que pensaban que facendo isto o defunto iría ao ceo. Tamén estiveron velando o corpo tres familiares, que viciaban que as candeas non se apagasen. De repente, o defunto botou pola boca un chorro de coñac que chegou ao teito.
MPV (Hermunde, Pol)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"