Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Houbo un tempo no que escoitábase balar unha cabra no monte, sen que ninguén soubera a quen pertencía. Os veciños intentárona atopar, pero soamente se oía balar, e a cabra non aparecía por ningures. Moitos empezaron a sentir medo e a pensar que aquilo era cousa de meigas ou do demo. Pero un día descubriuse o segredo. Un mozo que estudaba para cura e estaba namorado dunha muller do pobo, foi onda unha meiga, para ver se sería posible estar coa súa amada sen ser descuberto. A vella amañou un meigallo, de tal modo que mentres a “cabra invisible” balaba polo monte e todo o pobo andaba en busca dela, os dous amantes podían estar xuntos ás agachadas. Para as xentes do pobo, sobre todo para os cativos, aquela cousa tan misteriosa era un divertimento. Pero un día, un rapaciño deuse conta de que o cura e a moza non ían nunca buscar aquela “cabra invisible”.
MPV (Hermunde, Pol)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"