Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

As hernias das vacas tratábanse cunha faixa de sacos que se lles poñían no lombo e curaban.
IGL (A Pastoriza)

Se lle inchaban as pernas untábanselles con pingo sen sal, que se facía na matanza a propósito para iso.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)

Cando unha vaca tiña nunha perna un vulto empregaban panos quentes con vinagre.
Para os inchazóns das pernas das vacas, parches de ouriños de nenos pequenos.
JFF (Hermunde, Pol)

Cando unha vaca tiña un vulto nunha pata, meu avó mollaba un trapo en vinagre e dáballe fregas diariamente sobre aquel, ata que lle pasaba.
Contra as feridas nas patas, había quen dicía que era ben ouriñarlles nelas.
YLA (A Muíña, Retizós, Baleira)

Se tiñan verrugas na boca, había que ir polos prados, buscando rás, para envolvelas nunha verza e darllas a comer.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"