Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Cando unha vaca andaba coxa, cun ferro quente quitábanselle os gabarros, que eran partes de carne viciosa que se lles metían entre as uñas.
MAD (Pousada, A Pastoriza)

Para prever enfermidades de pés como a coxeira, pasábanse pola cinza que quedaba despois de facer a fogueira de san Xoán.
IAV (Miñoto, A Pastoriza)

Se unha vaca estaba coxa, e o mal estaba no pé, apertábanllo ben atándolle un pano de muller cun peso de prata dentro, e deixándollo posto durante uns días. Por iso era frecuente ir polos camiños e atopar un pano cun peso dentro.
IPP (Martín, Baleira)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"