Vellos con Historia

Caderno de historias de tradición oral recollidas na comarca de Meira (Lugo)

Un mozo ía por un camiño de noite cando, da nada, aparecéuselle un cadaleito no medio do camiño e non podía pasar. O mozo semellaba moi valente e pronunciou estas palabras: “¡Quen pousou que levante!”. Pero como non acontecía nada colleu unha correa de San Agustín, que era símbolo relixioso, e con ela pegoulle un lategazo ao cadaleito e, ao igual que apareceu da nada, tamén desapareceu. O mozo, cheo de medo, marchou daquel lugar correndo e nunca máis volveu por aquel camiño.
MPV (Hermunde, Pol)

0 comentarios:

Publicar un comentario

Valoramos todo o que nos poidas aportar: comentarios, críticas, novos contos (lembra dicirnos onde se contan!), fotografías vellas, e por suposto tamén ánimos...


Benvidos!

No curso 2008-2009, profesor e alumnos de Ciencias Sociais de 4º da ESO, do IES Pedregal de Irimia (Meira, Lugo) elaboramos un traballo de investigación que rematou neste blog. Con el, quixemos compartir con vós as moitas e fermosas historias que recollemos dos nosos vellos: cantigas, remedios contra as doenzas e mal de ollo, contos de lobos, nubeiros, ánimas e santas compañas, demos, mouros, encantos, e ata tesouros enterrados (organizadas por categorías). Poderedes acceder a todas elas, consultar imaxes, deixarnos comentarios e, por suposto, mesmo enviarnos as historias que vós mesmos recollades para sumar a este caderno. Que vos gusten!

miguelabraira@edu.xunta.es

Atopa!


Coñécenos en "Quen somos"